jueves, 26 de marzo de 2026

CLUB DE LECTURA (9 - 2025/2026)

   Comezamos a lectura do libro de Anxo Iglesias Unha nova dimensión,  que é a súa primeira obra publicada e que ademais recibiu o Premio Merlín 2022.

    Para hoxe a proposta era ler as dúas primeiras dimensións do poemario: o punto e a liña (1ª dimensión) e o plano (2ª dimensión) e, segundo nos transmitiron as crianzas do club de lectura, foi unha lectura que lles gustou moito; sobre todo, a combinación de conceptos matemáticos e poesía.

   Tamén lles gustou moito a recreación das fórmulas das áreas no poema Vaia figuras (páx. 33) xa que é unha visión totalmente diferente da que tiñan das clases de matemáticas e, moito máis, dos problemas de cálculo de áreas! Aínda así, este poema serviunos para refrescar a memoria sobre todos estes conceptos.

  Pero sen dúbida o poema que máis éxito tivo foi Na ancha chaira (páx. 30) que xorde cando a lonxitude... 

   Ademais de ser un poema moi divertido, é un poema moi suxerente xa que a aliteración que se produce coa repetición do son "ch", evoca de forma moi clara o son da choiva.

     Para rematar a sesión tivemos un ratiño dedicado ao xogo ¡A dibujar! de Hervé Tullet, un xogo no que os puntos e as liñas unidos a diferentes premisas que nos indican como utilizalos; permiten desenvolver a creatividade dun xeito moi divertido.




No hay comentarios:

Publicar un comentario