O 21 de marzo celébrase o Día mundial da poesía coa finalidade de promover a súa ensinanza, crear unha imaxe atractiva dela e fomentar a expresión e tradición oral.
Desde o colexio quixemos conmemorar este día con diferentes actividades nas que participaron todos os nenos e nenas do colexio. Comezamos polas crianzas de Ed. Infantil que recitaron unha poesía espacial relacionada co proxecto que están desenvolvendo nas súas aulas.
O alumnado de 1º de Primaria, recitou o poema Doña Pitu Piturra de Gloria Fuertes.
Os nenos e as nenas de 2º de Primaria, recitaron un par de poemas relacionados co proxecto "Misión animal: vida, hábitats e segredos": O can fiel e O gato curioso.
Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria tamén recitaron poemas relacionados co mundo animal que teñen como protagonistas a unha rata planchadora, animais mariños, un pingüín, un gato, un mono que comen de todo e un elefante elegante.
O alumnado de 4º de Primaria recitou A festa dos animais un poemario escrito por eles mesmos que está formado por diferentes poemas dedicados a diferentes animais. Ademais encargáronse tamén de ilustralos como podedes ver no seguinte videopoema.
Para rematar, 5º e 6º de Primaria, escribiron uns acrósticos coas inicias dos seu nomes e apelidos sobre os seus gustos persoais e as súas aficións.

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario