Nesta sesión rematamos o libro A historia de Brava Panadeira, escrito por Alicia Borrás (Ed. Xerais)
Se a primeira parte do libro deu moito de seu para comentar, a segunda parte non se quedou atrás. Comezando por todas as páxinas que aparecían en cursiva e cun narrador en 3ª persoa; por que? Para que se utiliza a cursiva? Pois neste caso a cursiva utilízase para diferenciar o que lle está pasando a Brava que está perdida, da acción dos protagonistas. Un uso totalmente diferente dos que se ensinan en clase de Lingua Galega ou Lengua Castellana (títulos de obras, extranxeirismos...).
Neste sentido aos membros do club de lectura resultoulles moi interesante poder ler case á vez as dúas partes da historia que se estaba desenvolvendo. Por un lado a tristura dos protagonistas, a busca de Brava e a súa preocupación pola súa desparición e, por outro lado, o que lle pasa a cadela mentres está perdida.
Ademais por fin coñecemos á familia orixinal de Brava que... obviamente era familia de panadeiros! pero tamén descubrimos que Brava tiña un tumor nunha perna aínda que finalmente acaba curando.
A verdade é que podemos dicir que é un libro moi interesante que lle gustou moito aos membros do club aínda que lles pareceu que había poucas ilustracións.
Finalmente rematamos esta sesión como empezamos o libro, merendando un pouco de pan con chocolate mentres conversamos de mascotas, rapaces e terians...
Antes de marchar, repartimos o novo libro de lectura: Unha nova dimensión de Anxo Iglesias do que lemos a reseña para ir abrindo boca...
"[...] A poesía entendida como xogo. A poesía entendida como fonte de diversión. A poesía reivindicada, ademais, como unha dimensión con entidade propia.
Ler «Unha nova dimensión» é asistir a un festival de creatividade. É un estímulo para a imaxinación!"
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario