viernes, 20 de marzo de 2026

DÍA DA NARRACIÓN ORAL - 2026

     O 20 de marzo conmemórase o Día Internacional da Narración Oral, unha celebración mundial que ten como obxectivo poñer en valor a acción de contar historias; por iso, o alumnado de 5º e 6º de primaria preparou unhas fábulas do libro que lemos no club de lectura para contarlles ao resto dos nenos e nenas do colexio.

     O primeiro grupo preparou a narración da coñecida fábula "O pastor e o lobo" que conta a historia dun pastor que, por divertirse, engana varias veces aos veciños facendo crer que un lobo ataca o seu rabaño. O problema para o pastor chega cando o perigo é real e ninguén acode na súa axuda porque os demais pensan que os seus berros volven a ser un engano. 

    A través desta historia, o alumnado reflexionou sobre a importancia da honestidade e as consecuencias de mentir: "Na boca do mentireiro, o certo pode non ser verdadeiro"

    O segundo grupo narrou a fábula "O xardineiro e o seu can". Nesta fábula, un can que vai xogando metres persegue a unha bolboreta, cae a un pozo e queda atrapado.  O dono achégase ao pozo para sacalo de alí pero cando intenta axudalo, o can reacciona mordéndolle a man.

   Esta fábula invita a pensar sobre a importancia da gratitude e como, ás veces, o medo, os nervios ou a desconfianza poden levarnos a actuar de maneira inxusta con quen nos quere axudar: "Nunca mordas a man que te dá de comer"

   O último gupo preparou "O gato, o galo e o rato novo", unha historia que amosa como un rato novo que sae a pasear por primeira vez, se deixa enganar polas aparencias cando se atopa  cun gato e un galo. Mentres o galo lle parece perigoso polo seu canto, o gato lle parece inofensivo… pero todos sabemos que a realidade para un rato é ben distinta. 

 A fábula ensina que non debemos xulgar aos demais só polo aspecto exterior e que cómpre ser prudentes: "As apariencias enganan"

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario