PETISCOS DE GALICIA é un proxecto de podcast escolar no que participamos diferentes colexios de Galicia para dar a coñecer as receitas galegas tradicionais máis ricas!
Desde o noso cole propuxemos como protagonista do programa á Rosca de Sober pero tamén podedes escoitar a receita da empanada de iscos e, por se sodes moi lambóns, outro doce típico que é a vexiga ou tripón.
Estas receitas son froito dun traballo de investigación que fixo o noso alumnado en colaboración coas familias. A redacción final de cada receita é a combinación de todas as propostas recibidas con diversas variacións que nos foron chegando.
Podedes escoitar o programa final no seguinte podcast que ten como locutores representantes do centro ao alumnado de 6º d Primaria.
Se queredes coñecer moitas máis receitas tradicionais de Galicia como a empanada de millo e berberechos que propoñen desde Rianxo, a tortilla romana de Lugo, a Pan dos Apóstolos de Viveiro.... escoitando os programas dos outros coles que participan no proxecto no seguinte enlace:
BO PROVEITO!!







No hay comentarios:
Publicar un comentario